= CONCURSO A NENA E A CIENCIA
O VI Concurso de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia premia a escolares de seis centros da provincia
O certame recibiu 130 traballos visuais e literarios, onde unha das nosas alumnas recibió o premio na modalidade visual, Claudia Garza de 3º ESO. Temos que recoñecer que nos últimos anos o noso alumnado participou.
Este venres día 18 de febreiro o campus de Ourense celebrou a entrega de galardóns do VI Concurso de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Nesta ocasión, entre os 130 traballos visuais e literarios recibidos, a organización premiou a 12 estudantes de Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria procedentes de seis centros educativos da provincia de Ourense.
Este certame organízase cada ano co gallo da celebración o día 11 de febreiro do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e é froito do traballo conxunto da Facultade de Ciencias, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense, que cada ano unen forzas para organizar diferentes accións destinadas a potenciar e visibilizar a presenza da muller na I+D+i baixo o paraugas da iniciativa eXXperimenta en Feminino.
Se queredes ver os traballos presentados no seguinte enlace podedes valorar a creatividade do noso alumnado. Noraboa a Tania e a todos e todas as participantes.