= "Elisa e Marcela" É unha película española dirixida pola Directora Isabel Coixet no ano 2019 e interpretada por dúas actrices Natalia de Molina e Greta Fernández. Conta a Historia de dúas mulleres Elisa Sánchez Loriga e Marcela Gracia Ibeas que casaron en 1901, sendo o primeiro matrimonio homosexual rexistrado en España. O que comeza cunha relación de amizade remata nunha relación amorosa que teñen que vivir a escondidas, debido á presión social da época. Con esta película dase voz a tantas mulleres olvidadas que loitaron por un mundo máis igualitario e equitativo. É unha historia de mulleres valerosas que loitaron polo seu dereito a amar en libertade. A película é unha obra íntima, sinxela e feita con delicadeza e moita sensibilidade, aínda que non todas as criticas cinematográficas opinan do mesmo xeito. Ademáis esta película foi rodada en Galicia, xa que as protagonistas eran de A Coruña e exerceron de mestras en vilas da Costa da Morte. Tamén foi
O IES Xesús Taboada Chivite de Verín pretende dinamizar a través do Iguala-T o respecto polas diversidades, a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.