=   DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, 24 DE FEBREIRO.  Outro ano máis o centro conmemora o día da gran poeta do noso país.  Este ano elaborouse un  Cartaz de Rosalía de Castro , realizado polo profesor Iago Rodríguez Ramos (profesor de ITI e Francés) coas fotos de todo o alumnado de 1º ESO integradas. Noraboa!!!  Ademais, coincidindo cos 21 días co Galego , campaña da Xunta de Galicia na que este ano participa o centro coa organización e coodinación do Equipo de Dinamiación da Lingua Galega, fixéronse varias actividades que merece a pena salientar.   Bo traballo compañeiros e compañeiras! Recita o poema de "Cantares Gallegos" a alumna Diana Calvo Gallego de 1º ESO A. Negra sombra, versión clásica (Érika Barbosa, de 1 Bach, co profesor David Rodríguez ao piano)   Negra sombra, versión rap por 3º ESO-B
O IES Xesús Taboada Chivite de Verín pretende dinamizar a través do Iguala-T o respecto polas diversidades, a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.