= PARA XUÑO: A NOVELA GRÁFICA "CUÉNTALO" A recomendación para rematar o curso é unha recomendación chea de dureza pero moi necesaria. Esta novela gráfica trata sobre as agresións sexuais que ás veces as mozas reciben e por vergonza ou por sentirse sinalada, non son capaces de denunciar. "Cuentalo" é a tradución do bestseller "Speak". Corría o ano 1999 cando Laurie Halse Anderson pasou a convertirse nunha escritora superventas. A autora publicaba Speak , unha novela na que relataba a súa tráxica historia. “ La escribí para combatir la depresión y la ansiedad que me perseguían desde que fui violada a los trece años ”, confesaba no prólogo Desde que comeza o seu primeiro ano no instituto Merryweather, Melinda sabe que forma parte dunha gran mentira. Algo sucedeu unha noite do verán anterior que a convertiu nunha marxinada e considérase incapaz de verbalizar o que lle ocorreu. Agora non ten amigos, ninguén quere falar con ela e moito menos escoita...
O IES Xesús Taboada Chivite de Verín pretende dinamizar a través do Iguala-T o respecto polas diversidades, a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.