= PARA OUTUBRO: LA MUJER REBELDE Co comezo do curso recomendamos este tebeo accesible para todos os públicos e á vez excepcional; un retrato brutalmente humano -e polo tanto, nada complacente- dunha muller que fixo da causa do control da natalidade a súa vida. En 2014, publicouse La mujer rebelde , un cómic biográfico sobre Margaret Sanger, heroína da liberación femenina pola vía da planificación familiar. Peter Bagge recorre a infancia e xuventude da protagonista mediante episodios aillados que lle permiten presentar os elementos que formarían a súa personalidade e o seu activismo futuros. Son especialmente memorables anécdotas como a visita que leva a cabo co seu pai, canteiro de profesión, á tumba do seu irmán pequeno ou as dificultades que tivo que afrontar no instituto. A súa adicación á familia era intensa, pero ao mesmo tempo era consciente que debía estudiar para labrarse un futuro. Coa axuda das súas irmás ás que estivo ...
O IES Xesús Taboada Chivite de Verín pretende dinamizar a través do Iguala-T o respecto polas diversidades, a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.