= PROXECTO: "VOU SER EU" Alicia Paz Martínez, ex-alumna do centro, desenvolveu durante o mes de xaneiro o seu prácticum co alumnado de 4º ESO centrado na igualdade de xénero e no colectivo LGTBI. “VOU SER EU” é un proxecto que busca chamar a atención dos e das xóvenes que na actualidade se están formando para ser persoas adultas. Búscase fomentar un cambio nas conductas sociais, a través da análise e fundamentación en Liberdade Sexual e Igualdade de Xénero tratando de lograr unha sociedade máis igualitaria que fomente a reflexión crítica e permita modificar as conductas negativas. Os contidos do proxecto son os seguintes: Conceptuais • Amosar o significado da Liberdade Sexual e Igualdade de Xénero. • Diferenza de conceptos chave e uso da linguaxe sexista. Procedimentais • Educación en igualdade e liberdade. • Resolución de conflitos. • Socialización sa. Actitudinais • Respecto á liberdade ...
O IES Xesús Taboada Chivite de Verín pretende dinamizar a través do Iguala-T o respecto polas diversidades, a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.