= PROXECTO DE IGUALDADE DUNHA EX-ALUMNA Este curso 2021-2022 Alicia Paz Martínez, exalumna do noso centro vai realizar un proxecto de iguadade de xénero co alumnado de 4ºESO. Este proxecto se desenvolve dentro da súa materia: Practicum I do Grao de Educación Social da USC. Desde o centro sempre é unha boa nova poder colaborar co noso antigo alumnado que tan ben nos fan sentir cando volvemos atoparnos neste caso no eido profesional. Gracias Alicia por querer compartir con nós as túas aprendizaxes e por desenvolver este interesante proxecto co alumnado que actualmente está no centro. Alicia considera a sensibilización en igualdade de xénero fundamental para que as nenas e os nenos crezan nun ambiente sa onde aprendan a escoitar, saiban respectarse, e o máis importante, saiban dicir “non” sen chegar a sentirse culpables. Tal como indicaba Simone de Beauvoir, filósofa, pensadora e novelista francesa, “ La desigualdad no es innata, no es instintiva ni ...
O IES Xesús Taboada Chivite de Verín pretende dinamizar a través do Iguala-T o respecto polas diversidades, a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.