= OBRADOIRO AFECTIVO-SEXUAL DO CENTRO QUEROTE+ Como cada ano, o Centro Querote+ asiste ao centro para desenvolver o obradoiro afectivo-sexual co alumnado de 3º ESO durante 2 sesións. Neste obradoiro o alumnado puido coñecer aspectos da súa sexualidade, de como sentimos, de como nos vemos e nos ven así como ampliar os coñecementos en relación aos métodos anticonceptivos e de prevención das ETS. OBRADOIRO: EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL A mocidade, de forma xeral, segue a ter unha visión da sexualidade estigmatizada, estereotipada e mitificada, estando presentes de forma explícita e implícita unha serie de elementos que deforman e repercuten na visión e na viviencia da sexualidade. Mozas e mozos seguen a manifestar dúbidas e inquedanzas sobre apectos básicos do feito de ser sexuado e teñen dificultades para acceder a fontes de información fiables que lles aporten ferramentas útiles que contribúan no seu proceso de sexuación. Obxectivos: Desmantelar mitos,...
O IES Xesús Taboada Chivite de Verín pretende dinamizar a través do Iguala-T o respecto polas diversidades, a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.