Saltar ao contido principal

PARA ABRIL: I AM JAZZ

 =   PARA ABRIL: "I AM JAZZ"



Debido a que onte foi o día internacional da visibilidade Trans, consideramos oportuno recomendar esta lectura infantil para que desde a nosa infancia comprendamos que esta situación é natural na nosa sociedade.

“Desde que tiña 2 anos, Jazz soupo que tiña o cerebro dunha nena no corpo dun neno”: Esta é a descripción do libro infantil titulado I am Jazz

Esta publicación conta a historia real de Jazz Jennings, unha famosa nena transxénero. “Amaba a cor rosa e vestirse como serea, e nunca se sentiu ben vestida coma un neno. Esta situación confundiu a súa familia, ata que a levaron cun bo doutor que lles dixo que Jazz era transxénero”. 

O obxectivo da novela é informar a todos e todas as peques sobre a vida das persoas trans para fomentar a tolerancia e a aceptación desde moi cativos.

Actualmente Jazz Jennings  é unha famosa estadounidense de Youtube, TV   e activista polos dereito LGTBI. A súa historia foi a fonte de moitos projetos:

En 2011 estrenase, I Am Jazz: A Family in Transition, un documental sobre a súa vida e a súa familia.

 En 2013 fundou Purple Rainbow Tails, unha empresa que fabrica aletas de goma de serea para recaudar fondos para nenos e nenas transxénero.

Escribiu o libro infantil "I am Jazz" con Jessica Herthel, directora do Proxecto de Educación Nacional Stonewall.

En 2015 Jennings e a súa familia apareceron na serie de telerrealidad I Am Jazz, que xa leva moitas temporadas. 

En 2016, Jennings publicou unhas memorias, Being Jazz: My Life as a (Transgender) Teen.

 




Publicacións populares deste blog

PARA XUÑO: TEORÍA KING KONG

 =  PARA XUÑO: TEORÍA KING KONG Para rematar o curso recomendamos un libro INCÓMODO . Posiblemente non sexa unha lectura sinxela para adolescentes pero si moi interesante para as persoas adultas xa que di moitas verdades que non queremos escoitar. (Xa sabedes, a xente tende a mirar para outro lado e non posicionarse). Facémonos eco dun post da web laslibreriasrecomiendan.com    “Hoy escuchamos a hombres que se lamentan de que la emancipación femenina les desviriliza. Echan de menos un estado anterior, en el que su fuerza estaba enraizada en la opresión femenina. Olvidan que esta ventaja política que se les había concedido tenía un coste: el cuerpo de las mujeres pertenecía a los hombres; en contrapartida, el cuerpo de los homres pertenecía a la producción, en tiempos de paz, y al Estado, en tiempos de guerra. La confiscación del cuerpo de las mujeres se produce al mismo tiempo que la confiscación del cuerpo de los hombres. Los únicos que salen ganando en este negoci...

QUEROTE+

 =   OBRADOIRO AFECTIVO-SEXUAL DO CENTRO QUEROTE+   Como cada ano, o Centro Querote+ asiste ao centro para desenvolver o obradoiro afectivo-sexual co alumnado de 3º ESO durante 2 sesións. Neste obradoiro o alumnado puido coñecer aspectos da súa sexualidade, de como sentimos, de como nos vemos e nos ven así como ampliar os coñecementos en relación aos métodos anticonceptivos e de prevención das ETS.   OBRADOIRO: EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL A mocidade, de forma xeral, segue a ter unha visión da sexualidade estigmatizada, estereotipada e mitificada, estando presentes de forma explícita e implícita unha serie de elementos que deforman e repercuten na visión e na viviencia da sexualidade. Mozas e mozos seguen a manifestar dúbidas e inquedanzas sobre apectos básicos do feito de ser sexuado e teñen dificultades para acceder a fontes de información fiables que lles aporten ferramentas útiles que contribúan no seu proceso de sexuación. Obxectivos: Desmantelar mitos,...

PARA XANEIRO: CADERNO DE CAMPO

=   PARA XANEIRO, UNHA AXENDA Desta vez, máis que recomendar un libro, imos recomendar unha axenda. Este ano 2021 irmás Cartoné ofrecen  un Caderno de Campo das mudanzas, mutacións e metamorfoses.   Porque non sabemos o que nos ha traer este 2021, este ano a Axenda Cartoné vén marítima e mutante, para encaixarmos mellor estes tempos que cambian.     Se queredes ver outras edicións doutros anos, podedes facelo na propia paxina web que é unha pequena editora independente dedicada a tradución ao galego de textos clásicos. http://irmascartone.com/

PILAR AYMERICH, PREMIO NACIONAL DE FOTOGRAFÍA

 = PILAR AYMERICH, PREMIO NACIONAL DE FOTOGRAFÍA 2021 Agradecemos a Nuria Trigueros, profesora e Xefa do DD de Física e Química  este gran descubrimento.   Pilar Aymerich , unha   fotógrafa que leva coa cámara en man desde os anos 60 e que agora con 78 ve recoñecida toda a súa carreira.   Fotografía comprometida e directa , sen artificios e sempre preto dos acontecementos e persoas que retratou durante máis de 50 anos. Este ano propones   a Pilar Aymerich para ser galardoada co Premio Nacional de Fotografía, correspondente a 2021. O xurado recoñece a Pilar Aymerich por “unha traxectoria no ámbito da fotografía a pé de rúa, que plantexa cuestións importantes na realidade social e política tardofranquista, que ainda hoxe en día son de relevancia”. Aymerich (Barcelona, 1943) estudou na escola de arte dramático e en Londres introduciuse no campo da fotografía. Ampliou despois os seus coñecementos técnicos en París, especializándose máis tarde na ...

LETRAS GALEGAS 2020

=   O día das Letras Galegas é un día de exhaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Este ano é homenaxeado RICARDO CARVALHO CALERO (1910-1990).   A crise do coronavirus obrigou a aprazar a celebración do Día das Letras Galegas, por iso a Academia das Letras Galegas, nunha medida sen precedentes na institución, apraza a celebración ao mes de Outubro, concretamente a sesión plenaria será o día 31 de Outubro, coincidindo coa conmemoración do nacemento deste intelectual ferrolán. Entre a extensa obra deste autor, queremos salientar esta fermosa poesía con mirada feminista, sacada das súas "Cantigas de amigo e outros poemas" (1980-1985). Calquer lugar é bom para morrer Calquer lugar é bom para morrer. Nom se distingue o home da mulher. A morte é neutra —das Tod— em alemám. Género e sexo nom sempre vam da mam. Pois umha cousa é a anatomia e outra a gramática —falaz dicotomia. Nom vejo a morte feminista ser. Calquer l...