Saltar ao contido principal

Publicacións

O MÁIS RECENTE

PARA XUÑO: TEORÍA KING KONG

 =  PARA XUÑO: TEORÍA KING KONG Para rematar o curso recomendamos un libro INCÓMODO . Posiblemente non sexa unha lectura sinxela para adolescentes pero si moi interesante para as persoas adultas xa que di moitas verdades que non queremos escoitar. (Xa sabedes, a xente tende a mirar para outro lado e non posicionarse). Facémonos eco dun post da web laslibreriasrecomiendan.com    “Hoy escuchamos a hombres que se lamentan de que la emancipación femenina les desviriliza. Echan de menos un estado anterior, en el que su fuerza estaba enraizada en la opresión femenina. Olvidan que esta ventaja política que se les había concedido tenía un coste: el cuerpo de las mujeres pertenecía a los hombres; en contrapartida, el cuerpo de los homres pertenecía a la producción, en tiempos de paz, y al Estado, en tiempos de guerra. La confiscación del cuerpo de las mujeres se produce al mismo tiempo que la confiscación del cuerpo de los hombres. Los únicos que salen ganando en este negocio son los dirigente
Publicacións recentes

XORNADAS COEDUCATIVAS

 =  XORNADAS COEDUCATIVAS Para ir rematando o curso propuxemos dentro do programa TEI unha xornada de xogos coeducativos onde as actividades non se diferencia entre sexos ou xénero. Son xornadas de participación do alumnado onde as parellas entre 2 persoas son o importante independentemente de que sexan home, muller ou como cada un se sinta coa súa identidade. A importante é a cooperación e o compañerismo.      

TESTEMUÑA VIOLENCIA DE XÉNERO

=  CHARLA CON TESTEMUÑA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO Este curso dentro do Plan Director o alumnado de 1º de Bacharelato tivo unha Charla sobre Violencia de Xénero onde unha testemuña contou todas as violencias que se exerceron sobre ela: violencia física, psicolóxica, de illamento social e tamén os terrores da violencia sexual que nunca curan. María, tivo moito valor para poñerse diante de 50 alumnos/as de Bacharelato e contar en primeira persoa todos os seus sufrimentos. Ela di que o fai porque ela denunciou gracias a que no seu instituto alguén realizou unha charla similar. Invita a DENUNCIAR a todas as rapazas que sufriran ou estén sufrindo algún tipo de violencia. Moitas gracias María poña túa testemuña. No seguinte enlace podes a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo.

PARA MAIO: "NON PENSES NUN ELEFANTE ROSA"

 PARA MAIO: "NON PENSES  NUN ELEFANTE ROSA" Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería. A súa vida tambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterse afastada da familia.  Un día, por casualidade, Aurora coñece a Brais, un neno de dez anos, curioso, impertinente, con pinta de superdotado pero de familia desestruturada, do que non é quen de librarse. Cun extraordinario sentido do humor e abordando a fondo o tema da saúde mental, Antía Yañez relátanos a historia de Aurora, unha «millennial» autoesixente e perfeccionista que vive a súa vida coma unha voráxine que non é capaz de controlar. As páxinas de «Non penses nun elefante rosa» son divertidas, atrevidas, profundas, politicamente incorrectas e vertixinosas, e arrastrarán canda si moitas

A BANDA DA LOBA

 = Colaboración da banda da loba      Gracias a coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua G alega, o noso alumnado tivo a sorte de pasar unha tarde con Inés, compoñente do grupo musical feminino "A banda da loba". O noso alumnado fixo de hipotéticos músicos e músicas e pensaron en temáticas de cancións onde puideron sentir como a través da expresión artística se poden traballar moitos sentimentos, inquedanzas e emocións.     

VIDEO-CONFERENCIA CARE SANTOS

 =   VIDEOCONFERENCIA COA ESCRITORA CARE SANTOS       O pasado 3 de maio o alumnado de 2º ESO tivo un pracenteiro encontro virtual con Care Santos, autora de recoñecido prestixio con premios tan importantes como o Nadal, Premios Edebé ou o Barco de Vapor entre outros. Dita actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura despois de que os estudantes leran e amosaran ao longo do curso o gusto por algúns dos seus libros (“Mentira”, “Verdad”, “Miedo” ou “Ben”).  Resultou un encontro moi agradable, no que Care conectou enseguida cos rapaces e rapazas. A autora desvelou algúns segredos das súas novelas e logo iniciouse un debate interesante e profundo.  As lecturas gustan máis cando quen as cociña ensina algunhas das súas receitas. Grazas a Care Santos e ao noso alumnado, que cubriu con creces as expectativas que sempre depositamos nel. Noraboa! 

QUEROTE+

 =   OBRADOIRO AFECTIVO-SEXUAL DO CENTRO QUEROTE+   Como cada ano, o Centro Querote+ asiste ao centro para desenvolver o obradoiro afectivo-sexual co alumnado de 3º ESO durante 2 sesións. Neste obradoiro o alumnado puido coñecer aspectos da súa sexualidade, de como sentimos, de como nos vemos e nos ven así como ampliar os coñecementos en relación aos métodos anticonceptivos e de prevención das ETS.   OBRADOIRO: EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL A mocidade, de forma xeral, segue a ter unha visión da sexualidade estigmatizada, estereotipada e mitificada, estando presentes de forma explícita e implícita unha serie de elementos que deforman e repercuten na visión e na viviencia da sexualidade. Mozas e mozos seguen a manifestar dúbidas e inquedanzas sobre apectos básicos do feito de ser sexuado e teñen dificultades para acceder a fontes de información fiables que lles aporten ferramentas útiles que contribúan no seu proceso de sexuación. Obxectivos: Desmantelar mitos, estereotipos e fal

MURAL POLA IGUALDADE

 =  MURAL POLA IGUALDADE Desde o CIM da Mancomunidade de Verín ofreceronnos participar nunha actividade moi motivadora para os nosos rapaces e rapazas. Crear un mural pola igualdade nun muro da vila de Verín onde había outras pintadas pouco creativas e sen valores. Gracias ao CIM e a Asociación Vella escola, participamos neste obradoiro de iniciación ao grafitti que o alumnado disfrutou e sobre todo poiderón ver como en menos de 2 horas elaboraron un mural urbano moi  chulo.    Este tipo de actividade o CIM tamén a promoveu co alumnado do CEIP Castrelo do Val e crearon este fermoso mural Se queres ver todas as fotos que sacamos ese día, pincha na seguinte imaxe: