= Enquisa sobre Igualdade de Xénero
Este curso 2019-2020 debemos realizar o Plan de Igualdade do Centro tal e como establecen as Instrucións do 6 de setembro do 2019.
PDF Instrucións
Desde o noso centro, para poder facer unha análise das necesidades reais, creamos unha enquisa sobre esta situación para obter información relevante da que partir e así poder facer un plan axustado á realidade do noso contexto. Esta enquisa está estruturada en 5 apartados para poder valorar esta cuestión desde diferentes ámbitos: un primeiro apartado xeral, seguido dos apartados a nivel escolar, social e familiar, para rematar cunha análise do reparto de tarefas. Cos resultados obtidos poderemos comezar o Plan de Igualdade adxuntando este recurso á Detección de necesidades. Publicamos a enquisa realizada no noso centro. (Prema na imaxe)