= CÓMIC EN FEMININO
En Marzo do 2016 estrenouse a obra de teatro "Científicas: Pasado, presente e futuro" onde 5 profesoras investigadoras da Universidade de Sevilla dan vida a Hipathia de Alejandría, Ada Lovelace, Marie Curie, Rosalind Frnaklin e Hedy Lamarr.
A idea xurdiu cando Francisco Vega, técnico de laboratorio da Universidade de Sevilla, pensou que sería unha boa idea que a súa filla e outras nenas tiveran referentes femininos no mundo da ciencia para que non sentiran esta profesión allea, polo feito de ser "mulleres"; e tamén para que o seu fillo e outros nenos tiveran os mesmos referentes. Os logros en ciencia son feitos por persoas, non importa se son mulleres, homes, non importa a idade, nacionalidade,...