= PARA ABRIL: "IDIOTIZADAS, UN CUENTO DE EMPODERHADAS"
Nesta novela gráfica, Moderna de Pueblo, cóntamos como foi crecer baixo a educación e os ideais que esta sociedade promove sobre a imaxe perfecta e delgada, a obrigación de ser nai, ou ser sexualmente inactiva ata o matrimonio, ... E todo o redacta e debuxa a través de diálogos cheos de ironía, broma e humor moi intelixente que fai reflexionar sobre moitos comportamentos, actitudes e comentarios que facemos por culpa de todo o aprendido e do mal aprendido.
A través dunha comparación coas princesas Disney dos contos, advírtenos con aire cómico de que "non piquemos" ante as trampas machistas da nosa educación e da nosa sociedade.
Moderna de Pueblo coas súas amigas: a Zorricienta, a Gordinieves e a Sirentita Pescada, presentan os conflitos de diferentes mulleres contemporáneas. Todas de forma unida van despertando de moitas idiotizacións e emprenden un longo camiño para DESAPRENDER O QUE NUNCA DEBERÍAN HABERNOS ENSINADO.
Este tipo de libros son realmente necesarios. Non son manuais nin biografías dos exemplos das mulleres empoderadas a través dos tempos, senón unha verdadeira análise do que vivimos en sociedade. É unha lectura moi moi divertida.