= PARA MAIO: "MAMÁ QUERO SER ZIGGY STARDUST" A recomendación do mes de maio é gracias a presidenta de ARELAS, Cristina Palacios, que o día que veu impartir o obradoiro de transexualidade, deunos a coñecer este fermoso libro, dunha profesora e escritora galega, Iria Misa. Nesta novela, o protagonista, Aine vive unha difícil batalla persoal, familiar e social na que é moi complicado atopar aliados e aliadas pola incomprensión e a falta de respecto da sociedade ante o que é diferente. Encantoume a introdución de Thomas como narrador e enlace entre o lector/a e Aine. Esta terceira persoa faise moi interesante porque axuda a entender a problemática situación de Aine, e só cando é capaz de recoñecerse a si mesmo é cando Thomas xa non é necesario. Destácase a importancia de autorecoñecernos nesta sociedade que nos dá unhas pautas e comportamentos impostos. Recomendamos este tipo de novelas para os centros educativos galegos. Estas historias deberían ser de lectu...
O IES Xesús Taboada Chivite de Verín pretende dinamizar a través do Iguala-T o respecto polas diversidades, a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.