= 23-F DÍA DE ROSALÍA O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este mediodía na xuntanza que a Fundación Rosalía de Castro convocou para mudar a data de celebración do día da poetisa galega ao 23 de febreiro. Este cambio prodúcese despois de que a investigadora galega Sagrario Abelleira revelase o pasado ano nova documentación que acredita a data de nacemento real nese día. Toda esta información quedou recollida na publicación Rosalía e Murguía: datos, datas e documentos (1851-1858), publicado co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Traslado de celebracións Con motivo da proximidade do aniversario da poeta galega, o Goberno galego e as entidades culturais e educativas, acordaron adiantar ao 23-F a efeméride, que ata o de agora se celebraba o 24 de febreiro, data do bautismo da autora de Follas Novas. Un día para celebrar a Rosalía O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis sinaladas do calendario cu...
O IES Xesús Taboada Chivite de Verín pretende dinamizar a través do Iguala-T o respecto polas diversidades, a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.