= DOCUMENTAL: "FARO VIOLETA"
O CIM de Verín ofreceunos a posibilidade de ver o Documental realizado na comarca de Verín sobre a prostitución e a trata. Hoxe, 30 de marzo do 2022, ademais do documetnal, o alumnado de 4º ESO tivo a posibilidade de ralizar unha reflexión e un debate sobre a prostitución coa ONG Amaranta.
"Esta historia comeza lonxe, seguramente nun lugar onde ningunha delas querería estar, pero tampouco no lugar onde están agora mesmo. Moitas delas seguen esperando a poder voltar, pero sen saber se chegará ese momento. Quitáronlles todo o que tiñan de valor facéndolles crer que o seu corpo é o único que teñen valioso, é o único do que poden vivir".
Así comeza Faro Violeta, un documental do Centro de Información á Muller (Cim) da Mancomunidade de Monterrei. O traballo aborda a prostitución e a trata de mulleres e nenas, unha realidade da que "nunca falamos".
"Un faro que dea luz a quen non quere ver", é o fin último deste documental, concienciando á sociedade da lacra que supón a prostitución e a trata.