Saltar ao contido principal

Publicacións

PROXECTO: VOU SER EU

 =  PROXECTO: "VOU SER EU"   Alicia Paz Martínez, ex-alumna do centro, desenvolveu durante o mes de xaneiro o seu prácticum co alumnado de 4º ESO centrado na igualdade de xénero e no colectivo LGTBI.  “VOU SER EU” é un proxecto que busca chamar a atención dos e das xóvenes que na actualidade se están formando para ser persoas adultas. Búscase fomentar un cambio nas conductas sociais, a través da análise e fundamentación en Liberdade Sexual e Igualdade de Xénero tratando de lograr unha sociedade máis igualitaria que fomente a reflexión crítica e permita modificar as conductas negativas.    Os contidos do proxecto son os seguintes: Conceptuais  • Amosar o significado da Liberdade Sexual e Igualdade de Xénero.  • Diferenza de conceptos chave e uso da linguaxe sexista.  Procedimentais  • Educación en igualdade e liberdade.  • Resolución de conflitos.  • Socialización sa.  Actitudinais  • Respecto á liberdade ...

AS CALCULADORAS DE HARVARD

 = AS CALCULADORAS DE HARVARD As  Computadoras de Harvard  foron un grupo de mulleres que realizaron significativos avances na clasificación de datos astronómicos logo de que  Edward Charles Pickering  (director del  Harvard Observatory  desde 1877 hasta 1919) decidira contratar a mulleres para procesar datos de estrelas.    Entre estas mulleres atopábanse Williamina Flemin, Annie Jump Cannon, Henrietta Swan Leavitt e Antonia Maury. A este grupo de mulleres coñeceuselle como as "Conputadoras de Harvard".     Neste enlace poderás saber máis destas mulleres: https://www.xataka.com/historia-tecnologica/calculadoras-harvard-mujeres-que-ampliaron-nuestra-vision-universo-tumbaron-prejuicios-25-centavos-hora 

PARA XANEIRO: AXENDA 2022

 =   PARA XANEIRO: AXENDA 2022 DAS IRMÁS CARTONÉ MANUAL PARA O CABAL CULTIVO DAS HORAS, DÍAS, SEMANAS E ESTACIÓNS DO ANO 2022 Outro ano recomendamos a axenda das irmás Cartoné xa ue no pasar do curso, axúdanos a reflexionar no importante que é o cultivo na nosa vida, a importancia de cultivarnos e de cultivar.  sorte na vosa colleita neste 2022!!!!   Irmás Cartoné é unha pequena editora independente creada por Carlos Valdés e Celia Recarey, dous seres con dúas décadas de experiencia mercenaria no sector editorial, e dedicada á tradución ao galego de textos clásicos* da literatura universal

PARA DECEMBRO: "LAS MUJERES DE FEDERICO"

 =  PARA DECEMBRO: "LAS MUJERES DE FEDERICO" Aínda coas sensacións do Día 25-N, non podemos deixar pasar a ocasión de engadir na nosa listaxe este fermoso libro.  Nuria Trigueros, profesora de Física e Química no centro, recoméndanos este libro que é un libro de sororidade e feminismo. Qué pasaría se as protagonistas creadas por un dos poetas españois máis importantes da literatura universal se atoaran para cambiar o seu destino? Nestas páxinas serás testigo do despertar frente ao tedio e ao conformismo dalgúns das personaxes femeninas máis emblemáticas de Federico García. Bernarda Alba, Mariana Pineda, Yerma son algúns das personaxes femeninas checas de mitos e arquetipos que agora, en "Las mujeres de Federico", volven cobrar vida a través da mirada feminista que lle aplican Ana Bernal-Triviño e a ilustradora Lady Desidia     «Queridas compañeras: Sé que no nos conocemos. Nunca hemos estado juntas, pero es más lo que nos une que lo que nos separa. Como vosotras...

MOXIE

 =  MOXIE: OUTRA PELÍCULA FEMINISTA PARA VER ANTES DE QUE REMATE O 2021 AÍNDA QUE MOXIE NON É UNHA OBRA MAESTRA, PODEMOS DICIR QUE NESTA PELÍCULA XUVENIL, QUEDA CLARA A MENSAXE DO EMPODERAMENTO FEMININO.  Moxie  é unha película de  comedia dramática   estadounidense de  2021  dirixida por  Amy Poehler .  Moxie' é a adaptación da novela homónima de  Jennifer Mathieu  e conta unha historia adolescente sobre o empoderamento feminino, buscando potenciar aquilo que une ás protagonistas desde unha perspectiva lixeira e simple. En ' Moxie ', de Netf lix, podemos ver os conflitos dos xoves, o sexismo, a discriminación e os profundos plantexamentos propios da idade. A película abarca moitos tipos de abuso, como as manifestacións sexistas en espazos públicos ou a falta de visibilidade do deporte feminino fronte ao masculino. Farta do  ambiente sexista e tóxico do seu instituto, unha tímida xoven de 16 anos atopa a inspiración no pas...

CONCENTRACIÓN POLO 25-N

 =   CENTRACIÓN POLO 25-N EN VERÍN O CIM de Verín (Centro de Información á Muller) convidounos, como cada ano, a formar parte da concentración  que se realizou na praza do Concello para denunciar a violencia machista.  O alumnado de 3º ESO coas súas titoras e outro profesorado, asistimos ao acto e tamén formamos parte da lectura do manifesto conxuntamente con outros centros educativos. Este é o manifesto do que nos facemos eco para dencunciar o 25 de Novembro: Día internacional contra a Violencia de xénero. MANIFESTO 25N 1 A violencia machista é unha das maiores vulneracións dos dereitos    das mulleres. Non ten fronteiras, ten lugar en todos os países e sociedades, sen distinción de clases, etnia e grupo de pertenza. Non hai un perfil de vítima de violencia machista, o único factor de risco é ser muller.  Tras case dous anos inmersas nunha pandemia sanitaria que nos obrigou a confinarnos e perder as nosas relacións sociais, prexudicando o noso benesta...

CARTEL PARA O 25-N

 =  CARTEL PARA O 25-N Este ano o lema do Concello e da Mancomunidade de Verín é: "Recicla o machismo" En base ao mesmo, o Departamento de Orientación do centro elaborou este cartel para levar o día 25-N á concentración convocada polo CIM.  

ACTIVIDADES POLO 25-N

 =  ACTIVIDADES POLO 25-N Para sensibiizar ao noso alumnado, o profesorado levou a cabo durante o mes de novembro diferentes actividades nas aulas.  En inglés analizáronse canciones e o seu contido. Desde o CIM desenvolveron un obradoiro do machismo a través das novas tecnologías.   En lingua galega analizaron as relacións de parella e os diferenes roles que se poden dar.   O alumnado de 1ºESO-A crearon a porta violeta e traballaron diferentes cancións que tratan sobre a violencia de xénero.       No equipo de dinamización da lingua galega, en inglés e francés fixeron cartelería que fixo que os muros do centro puideran falar.