= Margarita Salas foi unha bioquímica española, que se convertiu nun referente que formou e inspirou a varias xeracións de mulleres investigadoras. Foi pioneira da bioloxía molecular en España, pioneira en marcharse a EE.UU. para aumentar a súa formación, pioneira como mentora doutras científicas, pioneira en convertir a súa investigación na patente máis rentable na historia do CSIC,... Esta muller licenciada en Ciencias Químicas, foi discípula de Severo Ochoa con quen traballou en Estados Unidos. Iniciou o desenvolvemento da bioloxía molecular, e desenvolveu o seu traballo no CISC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa de Madrid. No 2016 convertiuse na PRIMEIRA MULLER en recibir a Medalla Echegaray, outorgada pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Insistiu sempre en que as mulleres poden chegar ao máis alto , xa que o reto é romper ese teito de cristal que as paraliza....
O IES Xesús Taboada Chivite de Verín pretende dinamizar a través do Iguala-T o respecto polas diversidades, a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.