RECOMENDACIÓN PARA NOVEMBRO: "SENLLEIRAS" de Antía Yáñez (Ed. GALAXIA) Unha recomendación moi axeitada no mes no que se reinvindica o día contra a Violencia Machista. Unha historia que debe facernos reflexionar da importancia de buscar referentes femininos para empoderar as nosas mozas e da importancia de educar en igualdade dunha forma real e coa implicación de todos e todas! "Mediante a contiguidade de dúas historias que se tocan no tempo, a de Alana e a de Alda. Alana é unha muller do rural, filla de solteira, que logra facerse cunha educación e mesmo propicia que dean flor as laranxeiras que o xardineiro non daba florecido. Tíñao todo para ser unha muller distinta, senlleira, que triunfara, mais no seu camiño crúzase un home. Pola súa parte Alda é unha influencer que ten éxito no seu traballo, se é que iso se pode chamar actividade laboral, pero no seu camiño crúzase un home. As súas son dúas historias onde o machismo se fai co control total da vida das dúas mozas...
O IES Xesús Taboada Chivite de Verín pretende dinamizar a través do Iguala-T o respecto polas diversidades, a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.