= CENTRACIÓN POLO 25-N EN VERÍN O CIM de Verín (Centro de Información á Muller) convidounos, como cada ano, a formar parte da concentración que se realizou na praza do Concello para denunciar a violencia machista. O alumnado de 3º ESO coas súas titoras e outro profesorado, asistimos ao acto e tamén formamos parte da lectura do manifesto conxuntamente con outros centros educativos. Este é o manifesto do que nos facemos eco para dencunciar o 25 de Novembro: Día internacional contra a Violencia de xénero. MANIFESTO 25N 1 A violencia machista é unha das maiores vulneracións dos dereitos das mulleres. Non ten fronteiras, ten lugar en todos os países e sociedades, sen distinción de clases, etnia e grupo de pertenza. Non hai un perfil de vítima de violencia machista, o único factor de risco é ser muller. Tras case dous anos inmersas nunha pandemia sanitaria que nos obrigou a confinarnos e perder as nosas relacións sociais, prexudicando o noso benesta...
O IES Xesús Taboada Chivite de Verín pretende dinamizar a través do Iguala-T o respecto polas diversidades, a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.