Saltar ao contido principal

Publicacións

PARA DECEMBRO: "AS MULLERES E OS HOMES"

 = RECOMENDACIÓN PARA REMATAR O ANO: " AS MULLERES E OS HOMES" Este mes de Decembro o Dpto de orientación do centro quere pechar este ano 2020 recomendando un libro apto para todas as idades, para todo tipo de nenos e nenas, adolescentes, persoas con necesidades educativas, adultos/as ...   Este álbum expón unha análise da sociedade desde o punto de vista da igualdade ou, mellor dito,  da desigualdade de xénero. E numéranse moitas situacións nas que mulleres e homes non reciben o mesmo trato, nin teñen os mesmos dereitos. Todo contado con humor, pero con extrema seriedade, facendo sátira da nosa sociedade. Non se trata dun conto, non. Desgraciadamente trátase dunha  historia moi real, tan real que sigue sendo a mesma despois de moitos anos, cuarenta xa desde a primeira edición deste libro que volveuse  publicar da man de Catroventos editora. É unha boa recomendación para este mes no que sempre cae algún agasallo para nenos e nenas. Un pequeno agasallo educa...

2020: XENERACIÓN IGUALDADE

 = 2020: XENERACIÓN IGUALDADE                   Este 2020 os dereitos das mulleres e a igualdade de xénero cobraron maior protagonismo. A   campaña  Generación Igualdad  da ONU acolleu a persoas de todos os xéneros, idades, orixes étnicos, razas, relixións e países, para impulsar accións que axuden a crear o mundo igualitario que merecemos. As pequenas accións poden xerar grandes repercusións e facer realidade esta visión.  Únete á #GeneracionIgualdad e forma parte do movemento.   Desde a folga sexual das mulleres de Liberia que axudou no camiño pola paz, o "Día Libre das Mulleres" en Islandia para reclamar a igualdade económica ata a repercusión mundial do movemento #MeToo, a historia amosounos que o cambio é posible a través do activismo colectivo.  Únete á Xeneración Igualdade para promover a igualdade de xénero mediante estas simples accións diarias. A ONU concreta 12 pequenas accións con gran ...

SEX EDUCATION

 = SEX EDUCATION: UNHA SERIE ORIXINAL DE NETFLIX que pensa abertamente sen pudores e sen tabúes sobre a importancia dunha educación sexual nos centros educativos.  Sex Education  xira en torno á vida de Otis, un adolescente calificado como "bicho raro" no instituto, ao que se lle une o feito de ser virxen. Pola contra, este vive coa súa nai sexóloga, ó que favorece que Otis teña un amplo coñecemento respecto ao tema. Todo cambia cando,  aliándose con Maeve, unha chica intelixente pero con mala fama,  Otis aproveita para mostrar todo o que sabe e mellorar a súa reputación na escola. Así, ambos montan una pseudoclínica onde os e as estudanrtes acuden a pedir consellos sobre os seus problemas. Desde a sororidade, o aborto, o vaxinismo, a identidade sexual, a violencia de xénero, a violencia contra a comunidade LGTTBI ou incluso as prácticas homosexuais son só algúns dos temas que trata a serie nun ambiente dun instituto británico (Moordale). É unha odisea dos e das...

ACTIVIDADE NO DÍA 25-N

 =   ACTIVIDADE NO DÍA 25-N Outro ano máis o centro involucrouse na reinvindicación do día contra a violencia machista. O 25 de Novembro, profesorado e alumnado participaron na actividade a través das súas manifestacións escritas nos post-it, deixando moi claro que NÓS NON SOMOS CÓMPLICES desta lacra social que tanto dano nos fai. O corcho posto na entrada do centro a primeira hora da mañá foi cuberto rápidamente, ó finalizar a mañá estaba ateigado de comentarios en contra de todo tipo de violencia de xénero. As nosas rapazas e os nosos rapaces teñen moito que dicir. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN! O alumnado deixou mensaxes tan interesantes e fermosas coma as que podedes ler nos seguintes post-it.    E tendo os post-it e vendo que o Nadal estaba moi próximo... aproveitamos as expresións escritas do alumnado para facer unha árbore de Nadal moi orixinal BO NADAL EN IGUALDADE!!!

PARA NOVEMBRO: "SENLLEIRAS"

 RECOMENDACIÓN PARA NOVEMBRO: "SENLLEIRAS" de Antía Yáñez (Ed. GALAXIA) Unha recomendación moi axeitada no mes no que se reinvindica o día contra a Violencia Machista. Unha historia que debe facernos reflexionar da importancia de buscar referentes femininos para empoderar as nosas mozas e da importancia de educar en igualdade dunha forma real e coa implicación de todos e todas! "Mediante a contiguidade de dúas historias que se tocan no tempo, a de Alana e a de Alda. Alana é unha muller do rural, filla de solteira, que logra facerse cunha educación e mesmo propicia que dean flor as laranxeiras que o xardineiro non daba florecido. Tíñao todo para ser unha muller distinta, senlleira, que triunfara, mais no seu camiño crúzase un home. Pola súa parte Alda é unha  influencer  que ten éxito no seu traballo, se é que iso se pode chamar actividade laboral, pero no seu camiño crúzase un home. As súas son dúas historias onde o machismo se fai co control total da vida das dúas mozas...

ENQUISA SOBRE IGUALDADE

 =    COLABORACIÓN CO ESTUDO SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO O CIM (Centro de Información da Muller) de Verín, a Universidade de Vigo e a Mancomunidade de Verín están a facer un estudo diagnóstico da violencia de xénero desde a perspectiva dos e das adolescentes. Mª Victoria Carrera Fernández, doutora en CC. da Educación e profesora na Universidade de Vigo é a investigadora principal deste proxecto en colaboración co CIM de Verín, servizo que presta atención aos 7 concellos da Comarca para ofrecer atención social, psicolóxica, legal e orientación laboral no apoio integral ás mulleres e menores que están a sufrir a violencia, sobre todo a violencia de xénero. O noso centro educativo colabora con este estudo para favorecer este diagnóstico e pode actuar en base ás necesidades reais da comarca. O alumnado de 3º e 4º ESO, así como o alumnado de 1º e 2º Bach, realizou de forma ANONIMA este cuestionario que versa sobre a percepción que ten a mocidade sobre a violencia, prestando unha...

UNHA SUPERAVOA

 =  ISABEL ALONSO PARDO, UNHA SUPERAVOA    O artista Joseba Muruzabal retrata nunha enorme parede de Verín a esta muller da comarca, como leva facendo con outras mulleres galegas incansables, loitadoras, ... ás que el chama SUPERAVOAS. Isabel Alonso Pardo, nacida en Oímbra,  de 88 anos é unha muller que desde moi pequena tivo que traballar para poder sacar a súa familia adiante e foi a primeira vitivinicultora inscrita na denominación de orixe Monterrei. P      Unha gran iniciativa que ten a nosa admiración. Podedes ver outras obras deste artista diferente, que sen centrarse en ideas comerciais, consegue que a súa obra chegue á poboación con grandes doses de IGUALDADE.    

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO 2020

 =    SONIA VILLAPOL SALGADO Hoxe, día 16 de novembro, o alumnado de 1º de bacharelato, que cursa Anatomía Aplicada, puido asistir á videoconferencia da neurocientífica lucense Sonia Villapol Salgado, investigadora do Texas Medical Center (Houston, EEUU), organizada por Igaciencia en colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e na que participaron outros oito centros galegos. Un bo xeito de conmemorar o XI Día da Ciencia en Galego " Só a ciencia nos rescatará da pandemia é un webinario emitido con motivo do Mes da Ciencia en Galego. Nesta ocasión a investigadora galega Sonia Villapol disertará sobre o enfoque científico dos conceptos básicos da COVID-19, como se transmite, efectos, tratamentos e vacinas. Pulsade no seguinte enlace para poder visualizalo.