= A RECOMENDACIÓN DO MES DE MARZO NA NOSA SECCIÓN "LECTURAS EN FEMININO" É A SEGUINTE: Lucía Rúa, orientadora do IES Xesús Tabaoada Chivite, fai esta recomendación que agarda sexa a primeira de moitas. Esta sección terá a súa continuidade e así entre todos e todas poder enriquecernos das fabulosas lecturas de autores e autoras que amosan as diversas realidades da nosa sociedade, sempre cunha visión feminista, crítica e igualitaria. RECOMENDACIÓN: PERSÉPOLE Desde hai un par de anos, son unha gran lectora de Novela gráfica, encántame somerxerme na lectura das imaxes que acompañan os textos e diálogos que amosan os escritores/as, deseñadores/as e debuxantes. Lin moitas novelas gráficas que me encantaron como Maus , Epiléptico , Guantánamo kid ou Engurras . Este verán, a filla de 16 anos dun amigo, recomendoume este libro, contoume brevemente de que trataba pero o que me sorprendeu foron ...
O IES Xesús Taboada Chivite de Verín pretende dinamizar a través do Iguala-T o respecto polas diversidades, a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.